Visualizacións de páxina totais

luns, 29 de decembro de 2014

¿Mentiras?

Data do nacemento de Xesús

O Primeiro erro é situalo no ano 0 da nosa era (De feito o ano cero non existe):
Herodes I O Grande morreu no ano -4 da nosa era.
Herodes ordea a matanza de todos os nenos varóns menores de 2 anos, polo que sitúa o nacemento no ano -5. -6 ou -7 da nosa era. Este erro ven de que o monxe Dionisio o Exiguo cometíu un lapsus e no 1582 o Papa Gregorio XIII emprende a reforma do calendario Xuliano e os “reformadores” fíanse dos datos de Dionisio e transcriben o erro sen facer comprobacións.
No século XX os historiadores dánse conta do erro, pero o calendario sigue igual.
Representación do nacemento de Xesús (San Salvador de Meis, Pontevedra)


Non nacíu en decembro.

Non puido nacer entre novembro e marzo porque as condicións meteorolóxicas son estremas nesa rexión: temperaturas baixo cero, fortes ventos, moitas chuvias e neve; e os pastores nesas condicións non arriscaban a subir os seus rebaños ás colinas colindantes. O “invento” destas datas é dos séculos IV-V (Na época de Constantino) porque quixeron facer coindidir a data do nacemento do “Mesías” (A luz que vence ás tebras) cos ritos pagáns da Viotoria do Sol (As Diualias romanas).
Ningún texto evanxélico afirma que Xesús naceu en decembro.
 Belén Franciscano 2014 de la Agrupacion Belenista de Ribadeo


Nacíu en Belén ou en Nazaret?

A familia de Xesús eran todos de Nazaret, todos xudeos. A tradición xudea da época nos dí que aos xudeos de lles desinaba polo nome máis o nome do pai ou do lugar de nacemento. Debería ser nomeado por Xesús de Xosé ou Xesús de Belén, e en todos os textos evanxélicos noméano sempre coma Xesús de Nazaret.
Os evanxeos de Mateo e Lucas nos din que nacíu en Belén:
Mateo dí: “Cuando nació Jesús en Belén de Judea, en tiempos del rey Herodes…”
Lucas dí: “Cuando ellos (José y María) estaban allí (en Belén) (para cumprir ca orde de Roma de inscribirse no catastro), ella dio a luz a su hijo primogénito”
Pero Marcos e Xan presentan a Xesús coma si nacera en Nazaret: sempre o nomean como “Jesús de Nazaret” e sabemos que na Biblia cando despois do nome da persoa se menciona unha cidade é porque se trata do seu lugar de nacemento.
E non porque Nazaret fose unha cidade importante, nesa época era unha aldea descoñecida, de poucos habitantes, tanto que no Antigo Testamento non aparece nin mencionada.
Belén só é mencionada como lugar de nacemento por Mateo e Lucas.
¿Por qué a Igrexa sitúa o lugar de nacemento en Belén?
Porque o profeta Natán lle asegurou a David que un descendente seu sería rei de Xerusalén e sobre todo porque un profeta descoñecido di no libro de Mikeas: Pero tú, Belén de Efratá, aunque eres pequeña entre las aldeas de Judá, de ti saldrá el que ha de dominar Israel… Él gobernará con el poder y la majestad de Yahvé, su Dios”.
María a punto de dar a luz, un inverno duro, moita distancia entre Nazaret e Belén. ¿Xosé arriscaríase a levar a María, nesas condicións, ata Belén?
Había que facer coincidir as profecías de que o Mesías sería da estirpe de David e nacería na súa aldea, Belén.


Xesús carpinteiro?

Casi non se sabe nada da infancia e xuventude de Xesús, pero sí que era culto e coñecía os textos sagrados do xudaísmo, culturas como a grega, a agnóstica e outras relixións como o budismo. Así o demostrou na súa discusión cos doctores da lei.
Un carpinteiro non tiña acceso a coñecementos tan profundos como él manisfestou.
Posiblemente na súa infancia-xuventude viaxara a Exipto e a India.
José mostra seu trabalho a Jesus.
Por Georges de La Tour, atualmente no Louvre.


Os Reis Magos

É moi difícil explicar científicamente a estrela de Belén, hoxe hai 4 teorías.
1.- Un meteoríto
Dificil porque un meteorito ao entrar na atmósfera esvaécese nuns segundos e a estrela de Belén durou varias semanas.

2.- Un cometa
Os astrónomos non constatan, hoxe en día, que nesas datas pasara algún cometa.

3.- A morte violenta dunha estrela
Unha nova ou unha supernova.
Unha nova prodúcese de media cada 20 anos. Podería ser.
Unha supernova, nos últimos 1.000 anos só houbo 4 supernovas: 1006, 1054, 1572 e 1604.
Non hai constancia da explosión dunha supernova nesas datas. Difícil.

4.- Unha conxunción planetaria
É a teoría máis aceptada. De feito houbo varias conxuncións nas datas reais do nacemento de Xesús.

Para máis datos desto e da existencia real dos Reis Magos, véxase o blogue La Mentira de los Reyes Magos:
http://reismagos-patinho.blogspot.com.es/
Adoracións dos Reis. Resto dun baldaquino, hoxe na parede dunha casa de Ponte Arnelas (Ribadumia)



Estivo Xesús casado?

Un fragmento en cóptico contén 4 palabras cuia traducción ven a decir: “Xesús les dijo: mi esposa ...”, según Karen King da universidade de Harvard no X Congreso Internacional de Estudos Cóptico.
Os evanxeos (Mateo, Marcos, Lucas e Xan) presentan a María Magdalena como unha seguidora de Xesús e a 1ª persoa que víu a Cristo despois de “resucitado”, que o acompañou entodo momento na súa “Pasión” e a súa preferida.
A idea de que María Magdalena era unha prostituta orixinóuse no século VI co Papa Gregorio I.
Mui típico dunha Igrexa machista que eliminou e tratou de ocultar escritos sobre Xesús que non lle interesaban a Igrexa de Roma
En 1980 descubríronse nunha tumba excavada nos suburbios de Talpiot (Xerusalén) dez caixas de pedra caliza que contiñan osos (osarios) ca data do 1º século
Encontráronse seis inscicións con nomes similares á familia de Xesús:

  • Jesua, fillo de Xosé,
  • María
  • Mariamene e Mara
  • Mathew
  • Jofa
  • Judá, fillo de Jesua
Hai moitas discrepancias de que estes nomes estén relacionados con Xesús e María Magdalena.

Mesmo en algúns escritos do século II-III se afirma que tiveron fillos.

Todo esto, claro está, basándose no feito de que o tal Xesús histórico foi un home como é o máis normal.
O da “Resurrección” do home é coma o conto de Alicia no país das marabillas...
Claro que si a Igrexa non fora tan oscurantista moitas “verdades” poderíanse descubrir, e eso non lle interesa á Igrexa que coma todas as demáis relixións son inventos dos homes:

http://religionesmentira-patinho.blogspot.com.es/
Noli me Tangere por Antonio Allegri da Correggio, c. 1534.